Reunión da promoción 65-72 na Pobra.

Un ano máis, e fieis á cita de cada segundo sábado de xuño, reuníronse os exalumnos de Belvís da promoción 65-72 na nobre vila da Pobra. Quedaran na alameda, xunta ao monumento ao emigrante, e alí estaban todos os que puideran –tristemente non todos os que quixeran. Tralos saúdos e o primeiro repaso ao ocorrido desde a último encontro, pasaron a dar cumprimento a un “programa aberto”: percorrido pola vila, subida ao campanario da igrexa do Xobre e visita –grazas á amabilidade do seu dono- á que fora finca do Seminario, que deu ocasión a recuperar imaxes en branco e negro daquelas vellas tendas, da ximnasia e ducha fría matutinas, das misas de campaña no “bosque”, dos fogos de campamento, das marchas á Curota a procura do tesouro,…  Despois de tanta marcha e de tanta lembranza,  tocaba repoñer forzas e todas estas persoas “de bo vivir e pensar” puideron cumprilo en Torres Xunqueiras ata ben entrada a tarde. Como a visibilidade non era a desexable, desestimouse a prevista subida á Curota e os que non tiñan présa puxeron término á xornada repasando a xeografía da ría de Arousa desde a praia de Cabío.

2Xuntanza13

 3Prom. 65-72 na finca do Xobre13 1Prom. 65-72 na finca do Xobre13