Gran éxito da representación teatral.

Los Ladrones Somos Gente HonradaCon gran asistencia de público de varios centros académicos da nosa cidade que encheron o noso salón de actos, foi representada esta mañán polo Grupo de Teatro do Seminario Menor a obra de J. Poncela «Los ladrones somos gente honrada». O grupo de Teatro formado por representantes de toda a nosa comunidade educativa (alumnos, profesores e persoal non docente), foi acollida con gran entusiasmo por un cálido e xeneroso público. Gracias pola vosa asistencia.

Pola mañán e para os alumnos do Centro, tivo lugar unha charla coloquio co título «Do corazón da materia ao interior das estrelas», organizada polo Centro Nacional de Física de Partículas. En relación con estas actividades científicas, o Departamento de Ciencias do Seminario, coordinará ao longo de toda a semana unha serie de talleres de Ciencia e Lóxica.

Lembrar que todas estas actividades están abertas ao público en xeral.

Inauguración da II Semana Cultural de San Rosendo

Conferencia Carlos García CortésCoa conferencia «Historia do Seminario Conciliar de Santiago. Acontecementos e alumnos ilustres» pronunciada polo profesor D. Carlos García Cortés, arrancou hoxe no noso Seminario, a Semana Cultural. No salón de actos do Colexio xuntáronse ademáis dos actuais, antigos alumnos e profesores desta institución, que logo poideron percorrer as novas exposicións sobre «O deporte e o Seminario» e «Das orixes» (Mobiliiario e utensilios dos primeiros anos).

Neste enlace podedes ver as fotos do acto, así coma tamén de algunhas das exposicións…

Presentación do libro: «»Compostela Única».

O martes día 11 de xuño, ás oito da tarde presentouse na Librería Couceiro de Santiago, Praza de Cervantes, o libro COMPOSTELA UNICA. A Obra do Ateneo de Santiago de Compostela contén fotografías dos nosos anos do Seminario de Belvís, mesmo impresas coma nun DVD co acompaña.
Unha aperta.
e-mail enviado por: Diego Mayo Mayo

compostelaunica

Reunión da promoción 65-72 na Pobra.

Un ano máis, e fieis á cita de cada segundo sábado de xuño, reuníronse os exalumnos de Belvís da promoción 65-72 na nobre vila da Pobra. Quedaran na alameda, xunta ao monumento ao emigrante, e alí estaban todos os que puideran –tristemente non todos os que quixeran. Tralos saúdos e o primeiro repaso ao ocorrido desde a último encontro, pasaron a dar cumprimento a un “programa aberto”: percorrido pola vila, subida ao campanario da igrexa do Xobre e visita –grazas á amabilidade do seu dono- á que fora finca do Seminario, que deu ocasión a recuperar imaxes en branco e negro daquelas vellas tendas, da ximnasia e ducha fría matutinas, das misas de campaña no “bosque”, dos fogos de campamento, das marchas á Curota a procura do tesouro,…  Despois de tanta marcha e de tanta lembranza,  tocaba repoñer forzas e todas estas persoas “de bo vivir e pensar” puideron cumprilo en Torres Xunqueiras ata ben entrada a tarde. Como a visibilidade non era a desexable, desestimouse a prevista subida á Curota e os que non tiñan présa puxeron término á xornada repasando a xeografía da ría de Arousa desde a praia de Cabío.

2Xuntanza13

 3Prom. 65-72 na finca do Xobre13 1Prom. 65-72 na finca do Xobre13

Promoción 1992-1993

Rafael Suárez Lema alumno da Promoción de COU de 1992/1993, xunto con algúns dos seus compañerios, está organizando unha xuntanza. Para contactar podes enviar un correo a info@rslabogados.com.

Visita da promoción de 1973.

Ao longo de todo o ano son moitas as promocións que se reúnen para verse as caras e recordar vellas experiencias. Unha delas, a de 1973, estivo este sábado no Seminario Menor. Despois de limpar un pouco a árbore que plantaron coma tesmuña do seu paso por esta casa, tiveron a ocasión de visitar a Exposición fotográfica do LX aniversario e os Museos de Ciencias Naturais e do Cardeal Quiroga Palacios. Antes de xantar aínda houbo tempo para apreciar as placas do Claustro de Reitores e de buscarse na orla do curso.
Alegrámonos de velos polo Seminario e invitámolos ao próximo encontro de Antigos Alumnos do ano que ven.

(Ver o resto das imaxes en Tribuna).

Ao longo de todo o ano son moitas as promocións que se reúnen para verse as caras e recordar vellas experiencias. Unha delas, a de 1973, estivo este sábado no Seminario Menor. De

Xuntanza da Asociación de alumnos, ex-alumnos e amigos do Seminario Menor

ENCONTRO DA ASOCIACIÓN DE EXALUMNOS E AMIGOS

DO SEMINARIO MENOR.

Este venres, festa de San Rosendo, conmemorabamos o LX aniversario da colocación da primeira pedra do Seminario Menor. Todo o que é grande ha ter uns comezos humildes, todo o importante empezou tamén nos pequenos xestos. É por iso que, cheos de alegría, podemos afirmar que este sábado puxemos a primeira pedra de SEMDA, a Asociación de exalumnos e amigos do Seminario.
Certo é que desde fai moitos anos véñense celebrando varios encontros das distintas promocións que pasaron por estas aulas, pero faltaba a oportunidade de atoparnos as distintas xeracións que conforman a historia viva de Belvís. Por iso, este sábado reunímonos un pequeno grupo (70 persoas) que abarcaba desde a primeira promoción (1955) ata alumnos actuais. Xuntos poidemos repasar os cambios acaecidos, as innumerables anécdotas, a importancia da formación humana, cristiá e académica… Na Eucaristía demos grazas por todo o recibido e pedimos por aqueles que xa non están entre nós. A pulpada puxo o broche de ouro a unha xornada que promete repetirse; todos os anos volveremos reunirnos no sábado inmediatamente posterior ao 1 de marzo, festa de San Rosendo. Esperamos seguir crecendo e que, como en tempos pasados, a capela volva resultar insuficiente para acollernos.155994_520587681324796_525813044_n480673_520587161324848_1126246337_n

Conferencia.

Xa comezamos oficialmente a I Semana Cultural de San Rosendo. Trala introdución por parte do Sr. Reitor e a lectura da carta enviada polo Sr. Arzobispo, puidemos escoitar a lección inaugural (O Seminario hoxe) de D. Leonardo, bispo de Ourense e ata hai pouco máis dun ano, Director Técnico de Belvís.
Trala apertura da exposición fotográfica e dos museos de Ciencias Naturais e do Cardeal Quiroga, puxo o broche o concerto do Conservatorio Histórico.

conferencia_Mons. Leonardo Lemos

Reunión da Asociación.

 

 semda REUNIÓN DA SEMDA PARA O VINDEIRO SÁBADO 2 DE MARZO, DENTRO DOS ACTOS DA SEMANA CULTURAL DE SAN ROSENDO

ACTOS DO DÍA 

9:00H . RECEPCIÓN AOS ASISTENTES Á XUNTANZA DA ASOCIACIÓN DE ALUMNOS, EX-ALUMNOS E AMIGOS DO SEMINARIO MENOR (SEMDA).

9:30  INICIO DA XUNTANZA.

10:00H. PROXECCIÓN DO VIDEO “SEMDA”. MESA REDONDA.

12:30 MISA.

14:00H. PULPADA DE CONFRATERNIDADE DOS ASISTENTES*.

16:30 PARTIDO DE FUTBOL SALA.

 *Moi importante: Confirma a túa asistencia canto antes, para facer unha estimación

dos asistentes á comida (cada un abonará a súa).

Contacta con nós en semda@semda.es ou en www.smasuncion.es