Encontro antigos alumnos.

Dentro das actividades da Semana Cultural, tódolos anos ofertamos a posibilidade de atoparnos alumnos de tódalas promocións do Seminario. Trátase dunha xornada de confraternidade na que coincidiremos alumnos, mestres, persoal e amigos que foron e son do Seminario Menor dende a súa creación ata os nosos días.
Conscientes de que varias promocións reúnense de forma privada durante o curso, quere ser este un encontro interxeracional no que tamén haxa un lugar destacado para os que agora fan 25 ou 50 anos dende a súa marcha.
O encontro terá lugar o sábado 7 de marzo (ao día seguinte da festividade de San Rosendo) a partires das 11.30 horas. Teremos tempo para un sinxelo acto de homenaxe e recordo no Salón de actos ás 12:30. A continuación celebraremos a Santa Misa dando grazas a Deus e pedindo polos que xa non están, para concluires co xantar de confraternidade no propio Seminario Menor.
Aínda que a cita xa está institucionalizada dende fai varios anos e levamos meses facendo contactos con diversa xente, urxe, por cuestións organizativas, concretar o número de comensales para ese día. Disfrutaremos dunha comida típica destas datas na que non faltará de nada: un cocido de Entroido.
O precio por persoa será de 25 euros e para anotarse poderemos utilizar dous medios:
Chamando directamente á portería do Seminario, entre as 9:00 e as 16:00 h. O número de teléfono é o 981 58 92 00.
Escribindo un correo electrónico a semda@smasuncion.es
Recordemos que e importante apuntarse con antelación.
Agardámoste!